Refachos de vento de máis de 110 km/h en Oia a primeira hora deste domingo

Mantense activa unha alerta laranxa por fortes ventos no litoral galego e por ondas que poderían alcanzar os sete metros de altura.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 08/01/2023 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

A estación que Meteogalicia ten en Castro Vicaludo, no municipio pontevedrés de Oia, rexistrou refachos de vento de ata 112,6 km/h á primeira hora deste domingo.

Ademais, tamén na provincia de Pontevedra, en Fornelos de Montes, o vento alcanzou o 93 km/h e en Avión (Ourense) alcanzáronse o 89,6 km/h na estación de Amiudal.

Neste contexto, a Dirección Xeral de Emerxencias mantén activa unha alerta laranxa por fortes ventos no litoral galego e por ondas que poderían alcanzar os sete metros de altura.

En canto ás choivas, as máis intensas rexistráronse na provincia de Pontevedra, en concreto, nas localidades de Poio (50,7 litros por metro cadrado) e Ponte Caldelas (50,4 litros por metro cadrado).

Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro
Forte ondada na zona de Santa Maria de Oia ata Cabo Silleiro | Fonte: Gustavo de la Paz

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta