A biblioteca José Saramago de Santiago contará cun club de lectura infantil e novo pasaporte literario anual

O concello porá unha liña urbana extraordinaria para acudir o sábado día 14 á zarzuela 'A lenda de Montelongo'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2023 | Actualizada ás 15:40

Comparte esta noticia

A concelleira responsable Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, presentou este martes novos proxectos e actividades para a biblioteca José Saramago, entre eles a creación dun club de lectura infantil e a terceira edición do pasaporte literario anual.

Así concretou, acompañada da responsable técnica da biblioteca, Guadalupe Rodríguez, as novidades coas que contará este espazo pensado para todas as idades, que aborda distintas temáticas como a cultura galega ou de autoría feminina.

O proxecto máis destacado é un ano máis o pasaporte literario, que abarca 12 libros en 12 meses, nos cales a través da devolución dos mesmos recibes un selo ata completalo por completo.

Ademais, trasladou outras novidades como un novo espazo activo de lectura 'Maruxa e Coralia' no centro histórico da cidade, que ten previsto este mércores o primeiro encontro para o que xa están confirmadas 15 persoas.

Igualmente, lembraron o traballo activo que realizan en ata 13 clubs de lecturas cunha alta porcentaxe de préstamos e a futura incorporación de 1600 novos exemplares de libros pendentes deste último ano.

Entre outros asuntos, a concelleira trasladou que seguirán apostando polas presentacións de libros e encontros con escritores que acreditan o "bo momento" de creación literario do país.

A través de ditas actividades e a programación tanto xenérica como específica das bibliotecas cunha "dinámica moi activa" buscan fomentar a lectura en todas as etapas e difundir estes espazos "aínda descoñecidos" para a poboación de Santiago.

AUTOBÚS URBANO

Por outra banda, Rosón comunicou a posta en disposición dun servizo extraordinario de autobús urbano ata o Auditorio de Galicia o vindeiro sábado día 14 con motivo do espectáculo da zarzuela galega 'A lenda de Montelongo'.

Esta peza conta coa participación do coro do Liceo de Vilagarcía, a Agrupación folclórica de Cantigas e Agarimos e faise en colaboración cos Amigos da ópera de Santiago de Compostela e a banda de música.

A liña estará dispoñible ás 19.30 horas en Praza de Galicia coas tarifas vixentes de transporte e volverá ao mesmo lugar cando termine o concerto.

Presentación de novas actividades para a biblioteca José Saramago
Presentación de novas actividades para a biblioteca José Saramago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta