Comeza a reparación dun colector que provocaba filtracións no río Arenteiro, no Carballiño

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, iniciou as obras na marxe esquerda do río.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/01/2023 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, iniciou as obras de reparación do colector da marxe esquerda do río Arenteiro, no municipio ourensán do Carballiño.

No ano 2021, a CHMS executou obras de reposición do pavimento e diversas reparacións nos carreiros que discorren polas marxes do río Arenteiro no Carballiño. Durante a execución dos traballos observouse, na marxe esquerda do río á altura das piscinas municipais, un desprendemento importante do noiro e comprobouse que neste punto atópase un colector de formigón, que discorre paralelo ao río, que se atopa deteriorado e provoca filtracións á canle.

Esta situación, xunto coa propia acción do río, provocaron a focha no noiro, descalzando o colector e deixando sen soporte a sección da senda, apunta o organismo.

Para resolvelo, a CHMS executará as obras de substitución do tramo de colector en mal estado por un novo, ademais da construción dun muro de contención do carreiro, duns 36 metros lineais; outro de sostemento do camiño de acceso á zona, cunha lonxitude de 48 metros e unha altura máxima de 1,4 metros; así como a reposición de pavimentos e de mobiliario urbano.

Río Arenteiro no Carballiño
Río Arenteiro no Carballiño | Fonte: Tripadvisor

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta