Rueda ve a retirada do delito de sedición a Puigdemont como a "chapuza" dunha reforma legal "feita a medida"

O Tribunal Supremo só mantén o delito de malversación e inclúe o de desobediencia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2023 | Actualizada ás 16:56

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, manifestou que a retirada do delito de sedición ao expresidente da Generalitat Carles Puigdemont evidencia "toda a chapuza" dunha reforma lexislativa "feita a medida" para "cumprir un fin concreto" e que agora os xuíces "teñen que aplicar".

Así o trasladou, a preguntas dos medios, despois de transcender que este xoves o maxistrado do Tribunal Supremo (TS) Pablo Llarena eliminou o delito de sedición do procesamento contra Puigdemont. Mantén o de malversación (que fixa penas de 4 a 12 anos de prisión e de 10 a 20 de inhabilitación) e inclúe o de desobediencia (que non contempla cárcere, pero si inhabilitación de 6 meses a 2 anos).

Á marxe, o maxistrado deixou sen efecto a euroorden ditada contra o líder independentista, aínda que decidiu manter a orde de busca e captura nacional.

Rueda esgrimiu que esta situación evidencia "a chapuza" dunha lexislación modificada para "cumprir un fin concreto" en relación a determinadas persoas, e que agora os xuíces vense obrigados a aplicar.

"Supoño que agora sairá alguén do Goberno central descualificando aos xuíces como sempre que toman resolucións que non lles gustan, aplicando as leis que eles mesmos fan", concluíu.

Carles Puigdemont
Carles Puigdemont | Fonte: @KRLS.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ixtlan

Interesante: cando as reformas legais non gustan ó PP trátase dunha "chapuza" e dunha reforma "feita a medida". Cando eles son quen realizan as reformas, as leis non se discuten e só se acatan. Así é a institucionalidade do PP... E, por certo, por que o Presidente dunha Comunidade Autónoma ten que opinar sobre leis que non afectan ás competencias de Galicia? El será que Rueda é máis un instrumento do PP ca un Presidente do goberno de Galicia?