As aulas para maiores de Ribeira son usadas por 70 persoas a diario

Proximamente finalizarán na localidade as obras para demoler a antiga discoteca 'Hesta Kurba', onde se situará a nova residencia pública do Barbanza, con 100 prazas distribuídas en módulos de convivencia de 25 residentes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/01/2023 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

A Xunta financiou con 60.500 euros a creación de aulas para maiores na parroquia de Aguiño, en Ribeira, ás que acoden diariamiente unhas 70 persoas.

Este luns, a conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou as instalacións, que acollen obradoiros de memoria, novas tecnoloxías, alfabetización, exercicio físico e taekwondo.

Alí, segundo recolle un comunicado, García destacou a importancia de favorecer un envellecemento activo entre as persoas maiores para mellorar a súa calidade de vida.

Por outra banda, a conselleira avanzou que a Xunta ampliará as horas do servizo de axuda no fogar a disposición do Concello de Ribeira.

Así mesmo, tamén comentou que proximamente finalizarán as obras para demoler a antiga discoteca 'Hesta Kurba', onde se situará a nova residencia pública de maiores do Barbanza.

A publicación da licitación para a redacción do proxecto básico de execución dos traballos comezará nas próximas semanas. Este centro ten un orzamento de 10 millóns de euros e contará con 100 prazas distribuídas en módulos de convivencia de 25 residentes.

Dúas persoas maiores nunha videochamada
Dúas persoas maiores nunha videochamada | Fonte: TechPeopleCare

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta