Media Galicia conxelada tras a marcha do temporal Gerard

Viana do Bolo rexistra 6,4 graos baixo cero, a máis baixa da noite en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 23/01/2023 | Actualizada ás 09:58

Comparte esta noticia

O paso dos temporais da última semana deron lugar a un anticiclón que predonima en  Galicia e que deixou xeadas por todo o territorio, con temperaturas baixo cero en boa parte do interior. Así, Viana do Bolo foi o municipio que, durante a noite, fixo descender o mercurio máis abaixo, cun rexistro de 6,4 graos baixo cero.

Ademais, sen saír de Ourense, os municipios de Baltar, Verín e Xinzo de Limia rexistraron temperaturas baixo cero, con -5,8, -5 e -4,7 graos. Pola súa banda, sempre falando de termómetros situados en localidades máis baixas de 900 metros sobre o mar, en Sarria o mercurio situouse nos 5,2 graos baixo cero.

En canto ás estacións que están a máis de 900 metros, A Mezquita (Ourense) tivo un rexistro de -4,8 graos, igual que na Veiga, tamén na mesma provincia.

En Pedrafita do Cebreiro, o termómetro baixou ata os 4,4 baixo cero; mentres que, na cabeza de Manzaneda rexistrou -3,9 graos e en Vilariño de Conso, -3,7 graos.

Segundo recolle a web de Meteogalicia, para este martes hai aviso amarelo por baixas temperaturas no sur da provincia de Ourense, entre as 00,00 horas e as 9 da mañá, por temperaturas máis baixas de 4 graos negativos.

Unha familia chega á parroquia do Cebreiro para gozar da neve / Carlos Castro / Europa Press
Unha familia chega á parroquia do Cebreiro para gozar da neve / Carlos Castro / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta