Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2023 | Actualizada ás 17:59
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), situado en Santiago, pechou 2022 cun total de 49.150 visitantes, un 30 por cento máis que no ano anterior, o que supón "consolidar á súa recuperación pospandemia".
Segundo sinalou a Xunta nun comunicado, o pasado ano organizáronse 14 exposicións e máis de 200 actividades, entre visitas organizadas, presentacións de libros ou retrospectivas cinematográficas. Así, entre as mostras expositivas destacaron, entre 'O museo como escenario', 'Suso Fandiño. Wunderkammer' ou 'Camiños III; Claudio Zulian'.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presidiu este luns a reunión do Consello Asesor do CGAC, que este ano conmemora o seu 30 aniversario. Así, indicou que o seu departamento incrementa o orzamento para o CGAC un 4,8%.
Ademais, destacou a colección permanente do espazo que o ano pasado "tamén creceu o ano pasado con 26 obras para a súa colección". Desde á súa creación, atesoura máis de 1.300 pezas de artistas galegos e internacionais, portugueses e latinoamericanos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.