Compostela Literaria, unha web para coñecer a cidade a través da literatura

Agrupa obras e autores vinculados á cidade e recursos lúdicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2023 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

A concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, presentou este mércores a web do proxecto Compostela Literaria, que agrupa obras e autores vinculados á cidade xunto con recursos turísticos e lúdicos para profundar na pegada compostelá na literatura.

Trátase, dixo, de ofrecer ao usuario unha "visión panorámica da relación entre Compostela e a literatura" a través de nomes "ilustres" como Rosalía de Castro ou Concha Castroviejo, así como outros máis actuais, como Suso de Toro, Antía Otero ou Marga Tojo, e grandes contribucións desde a literatura universal.

Óscar Senra, da cooperativa Maos Innovación Social, engadiu que Santiago é "un lugar central na literatura galega" e ten repercusión noutros sistemas literarios de distintas latitudes, especialmente a través do Camiño de Santiago.

Aínda que "sería imposible abarcar todo o catálogo" existente, a iniciativa, que segue en crecemento constante, ten xa rexistradas 62 biografías de autores e 114 obras literarias tanto creadas desde Compostela como sobre Compostela.

Ademais, todos os recursos están situados nun mapa da cidade que tamén dispón de editoras, bibliotecas e 14 rutas literarias. A web facilita outros recursos lúdicos e pedagóxicos, como catro xogos interactivos e un 'scape city' baseado en Roberto Vidal Bolaño, cunha versión en liña e outra para executar de forma física pola cidade.

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e Óscar Senra, presentan Compostela Literaria
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e Óscar Senra, presentan Compostela Literaria | Fonte: CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta