Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 30/01/2023 | Actualizada ás 13:18
A Garda Civil detivo o pasado sábado, día 28 de xaneiro, un veciño de Allariz de 42 anos de idade tras ser sorprendido nun bar mentres portaba éxtase e cocaína.
En concreto, segundo informa o Instituto Armado, levaba unha bolsa que contiña 11 gramos de cocaína e outra de comprimidos, que resultaron ser 10 gramos de éxtases.
Así, a Garda Civil procedeu á súa detención como presunto autor dun delito contra a saúde pública. Instrúe dilixencias o xulgado de garda de Ourense.
ATACADA POR CANS
Unha muller resultou ferida grave tras ser atacada por catro cans en Muíños, segundo confirmaron fontes da Benemérita.
Sobre o caso, explicaron que o fillo da vítima presentou denuncia o domingo despois de que ese mesmo día a nai fose atacada polos cans dunha veciña.
O suceso produciuse ao redor das 11,30 horas cando ela foi a recoller verdura á leira, explicaron as mesmas fontes. Debido ás lesións, de carácter grave, nun primeiro momento trasladouse ao momento de Atención Continuada de Muíños e logo ao complexo hospitalario de Ourense.
Por parte da Garda Cvil abriuse agora unha investigación para esclarecer os feitos e se os cans son de raza perigosa e en que condicións estaban.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.