A CIG pide subir o SMI un 21% para alcanzar os 1.212 euros

Isto suporía alcanzar o 60% do salario medio español.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2023 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A Confederación Intersindical Galega (CIG) reiterou a súa demanda de incrementar o salario mínimo interprofesional (SMI) ata os 1.212 euros, o que suporía unha subida de máis do 21% para alcanzar o 60% do salario medio español, como recomenda a Carta Social Europea.

"Ante a inminente subida do salario mínimo por parte dos sindicatos estatais e do goberno e a patronal, a CIG reitera que a única contía admisible é a de 1.212 euros", reivindicou a organización sindical nun comunicado, que sitúa o salgado medio español de 2022 en 28.301 euros.

Segundo o secretario confederal de Emprego da GIC, Francisco González Sío, o cálculo desta cifra é o resultado do módulo salarial que realiza o Ministerio de Facenda cruzando os ingresos dos traballadores con datos da Tesouraría da Seguridade Social "non como fai o grupo de expertos do Goberno que emprega enquisas e non datos de ingresos reais".

Para el, equiparar o SMI á Carta Social Europea "significa quitar das rendas do capital cara ás rendas do traballo e, por tanto, mellorar as condicións de vida de decenas de miles de traballadores galegos".

González Sío subliñou que "está demostrado" que subir o SMI non crea desemprego, senón que, polo contrario, "reactiva a economía". "Xa está ben, a adhesión á Carta Social Europea na súa versión máis actualizada non pode quedar nun simple acto simbólico. O Goberno non pode estar a incumprir sistematicamente", sentenciou.

Un traballador prepara barras de pan no obradoiro da Panaderia Faragullas, en Lugo
Un traballador prepara barras de pan no obradoiro da Panaderia Faragullas, en Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta