Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2023 | Actualizada ás 19:50
As obras do acceso ferroviario ao porto exterior da Coruña continuaron nesta xornada cunha nova voadura, que se levou a cabo con éxito, sen apenas incidencias no tráfico, segundo informaron a Europa Press desde a Autoridade Portuaria.
Esta non é a primeira voadura xa que se fixeron outro seis antes pero si a que afectou o tráfico, á marxe do viario que leva ao porto exterior, aínda que só uns minutos.
Así o explicaron desde o organismo portuario coruñés en relación aos traballos que se acometen. Ademais, dixeron que se farán outros "tres ou catro máis en febreiro".
Por motivos de seguridade, o traballo desta xornada esixiu cortar o tráfico, en ambos os sentidos, na autoestrada AG-55, entre os puntos quilométricos 4+550 e 5+350; a AC-15 na ligazón coa AG-55 e a estrada AC-552, entre os puntos quilométricos 3+100 e 3+900.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.