O Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña outorgou hoxe unha concesión á Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac) para a construción dun centro de seguridade alimentaria no porto exterior.
O director xeral da Mariña Mercante, Gustavo Santana, explicou que se solicitou ao buque "todo tipo de documentación" no sentido de "garantía, seguro ou estudos de estabilidade para ver a condición do barco"
  comenta   0
Segundo informa a Autoridade Portuaria, no marco do convenio de colaboración que mantén con Sasemar, iniciou o proceso para habilitar un almacén para a entidade neste espazo.
Segundo informou o sindicato CIG, o acordo alcanzado supón "unha mellora significativa a nivel de vacacións, tanto no número de días, como na súa retribución", establece a "interrupción das obras durante as vacacións de Nadal (do 23 de decembro ao 7 de xaneiro), e "achega unha solución xeneralizada para o cálculo das retencións que se lle aplican nas nóminas do persoal, cuestión que xeraba continuos problemas".
O secretario comarcal da FCM-CIG, Marío Maceiras, sinalou que "máis aló das boas palabras", á porta do mes de decembro, os traballadores "seguen sen coñecer" cando gozarán das vacacións anuais "nin como llas retribuirán".
O parque eólico contará cunha potencia a instalar de 19,8 Mw e cunha produción media neta estimada de 52.368 Mwh/ano, ademais dun orzamento de execución de 17,4 millóns e un prazo de execución de doce meses
  comenta   0
Para manter o equilibrio económico financeiro da concesión de Autoestradas, requírese, sinala, subscribir un convenio entre o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a Xunta de Galicia e a sociedade concesionaria para regular a compensación pola mencionada exención do pago de peaxe.
Trátase dunha planta para a produción de amoníaco verde nas instalacións do porto exterior da Coruña, en Punta Langosteira, no marco dos novos proxectos previstos neste ámbito portuario.
Nun comunicado remitido aos medios tras reunirse en Madrid co ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Óscar Puente, Besteiro sinalou que "mentres Rueda dedícase á confrontación", os socialistas "seguen empuxando a favor".
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse este venres coa directiva da Autoridade Portuaria da Coruña para avaliar o estado dos proxectos que están interesados en implantar en Punta Langosteira, co obxectivo de conseguir un porto autosuficiente.
Con esta ampliación, a compañía xestionará máis de 50.000 metros, xa que o novo almacén, e o viario anexo que habilitará a propia empresa, suman outros 7.900 metros cadrados de superficie.
O 1 de marzo abriuse un prazo de dous meses para que as empresas presentasen os seus proxectos para a creación dun gran hub de eólica mariña en Punta Langosteira, con destino á exportación ao norte de Europa.
  comenta   0
Así o explicaron desde o organismo portuario coruñés en relación aos traballos que se acometen. Ademais, dixeron que se farán outro "tres ou catro máis en febreiro".
  comenta   0
Comezan os traballos de voadura pola obra do tren ao porto exterior da Coruña, cuxa conclusión será en 2026.
  comenta   0
O organismo portuario destaca o impacto do movemento de mercadorías no porto exterior, que se achega aos 12 millóns de toneladas desde a súa posta en servizo.
  comenta   0
O deputado do Bloque Iago Tabarés lembrou que, de modo reiterado, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea identificou "irregularidades" na contratación das administracións públicas de España ao cubrir con persoal temporal prazas de necesidade permanente, o que choca cunha directiva comunitaria de 1999.
  comenta   0
Fronte á "decepción" trasladada pola conselleira de Infraestruturas, quen reivindicou o protocolo subscrito en 2018 polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, co entón ministro de Fomento, Iñigo de la Serna, as demais administracións destacaron o resultado da reunión.
  comenta   0
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, urxiu a licitación da conexión ferroviaria co porto exterior da Coruña en punta Langosteira dada a necesidade de evitar que caduque a Declaración de Impacto Ambiental, o que causaría un "atraso inaceptable de varios anos" na actuación.
  comenta   0
A plataforma considera un "agravio" que o Estado asuma a débeda dos portos de Valencia e Castelló ou que rescatase as radiais madrileñas pero "diga non" a pagar a do porto exterior da capital herculina.
  comenta   0
"Parece que non hai diñeiro para A Coruña, pero os orzamentos do Estado dedican 400 millóns de euros para condonar a débeda do porto de Valencia e 140 millóns para a conexión ferroviaria do porto de Castelló", citan como exemplo.
  comenta   0