O veto á pesca de arrastre busca facilitar a eólica mariña e a extracción de hidrocarburos segundo os armadores

O presidente da Alianza Europea de Pesca de Fondo, Iván López, denuncia unha "axenda e intencionalidade" de "eliminar o arrastre pola porta de atrás", no que identifica cunha campaña de "acoso mediático".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2023 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

O presidente da Alianza Europea de Pesca de Fondo, Iván López, alerta de que o veto á pesca de arrastre impulsado pola Comisión Europa busca facilitar a eólica mariña e a extracción de hidrocarburos.

Nunha entrevista coa TVG, que recolle Europa Press, López denuncia unha "axenda e intencionalidade" de "eliminar o arrastre pola porta de atrás", no que identifica cunha campaña de "acoso mediático".

A Comisión Europa manterá o veto á pesca de fondo nos 87 caladoiros do Atlántico polo menos ata final de ano e prevé aumentar as zonas protexidas para estas artes de pesca.

"Se nunha zona hai tubaxes, cables ou calquera outra cousa de novas actividades, como pode ser a extracción de hidrocarburos ou a xeración eléctrica por medio de muíños no mar, que precisa cables de alta tensión cara a terra, pode haber interaccións non desexadas", razoa. E é que "ninguén quere que un pesqueiro de arrastre pase por encima dun cable de alta tensión".

Iván López indica que hai "zonas ao norte de Galicia e polígonos" de proxectos que se prevén nos que "sempre hai coincidencia con zonas pesqueiras porque a pesca ocorre onde o fondo é viable e non moi prof m8undo, que é onde se queren pór as cousas".

Por iso, bota en falta "falar doutros factores" máis aló do impacto pesqueiro, dado que parece que "o único problema é a pesca e os pescadores".

O Presidente Da Alianza Europea De Pesca De Fondo, Iván López, Nunha Entrevista Na TVG. CAPTURA
O Presidente Da Alianza Europea De Pesca De Fondo, Iván López, Nunha Entrevista Na TVG. CAPTURA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 JPPG

¿Tanto lle custa ao sector asumir os seus impactos que se teñen que inventar estas paranoias?