A Xunta entrega a colexios concertados máis de 140.000 euros para realizaren probas lingüísticas ao seu alumnado

O importe para cada centro será de 20.000 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2023 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a resolución das axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realizase os seus estudos no ano 2022, cunha partida de 142.000 euros.

Deste xeito, a resolución apunta que as axudas foron concedidas a un total de 31 centros educativos concertados da Comunidade. Así, o importe co que recibirá cada centro oscila entre 300 euros e os 20.000 euros.

Esta convocatoria estaba destinada aos centros privados concertados non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nos que se imparten ensinos de educación secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional.

Así, o custo outorgado a cada centro por proba de acreditación en lingua estranxeira e alumno será dun máximo de 100 euros. Este importe inclúe a realización das probas das destrezas orais e das destrezas escritas e a certificación correspondente.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta