O SLG acusa á Xunta de irresponsabilidade por "denegar" axudas a 74 granxas "que cumprían os requisitos"

"A Consellaría do Medio Rural aposta polas macrogranxas, favorecendo a concentración dunha cuestión tan sensible como é a produción de alimentos nun limitado número de empresas", remarcou o Sindicato Labrego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2023 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego acusou á Xuntar de actuar con "irresponsabilidade" por "denegar" axudas a investimentos para explotacións de agricultores novos a 74 granxas "que cumprían os requisitos".

Nun comunicado, o SLG censurou que a resolución publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) de subvencións para a creación de empresas agrícolas deixe fose a 74 candidatos.

Segundo o sindicato, todas elas "cumprían os requisitos" polo que lamenta o "deixamento" da Consellería do Medio Rural, especialmente nun contexto no que se prevé "que seis de cada dez persoas que se dedican á produción de alimentos estea xubilada en 2030".

"A Consellaría do Medio Rural aposta polas macrogranxas, favorecendo a concentración dunha cuestión tan sensible como é a produción de alimentos nun limitado número de empresas", remarcou o Sindicato Labrego.

Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG
Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta