A verdade oculta de Evita, a youtuber e tiktoker que critica o galego

Esta muller fíxose viral fai unhas semanas por publicar un vídeo no que dicía que en Vigo non se falaba galego pero isto e só a punta do iceberg

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2023 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Se falamos de 'Evita' seguramente che veña á cabeza un vídeo que circulou fai unhas semanas por redes sociais no que unha muller de Vigo sinalaba que ela non falaba galego porque iso só se facía no "monte" ou na "aldea" e que nunha cidada "metropolita" como a olívica a xente non falaba nesa lingua.

Vídeo viral de TikTok de Evita no que fala sobre o galego
Vídeo viral de TikTok de Evita no que fala sobre o galego

Este vídeo foi moi comentado e criticado nas redes, facendo que a protagonista tivera que subir días despois outro vídeo pedindo desculpas por que a alguén lle podían molestar as súas palabras. 

Pero detrás de Evita no só está unha conta de TikTok con máis de 800.000 seguidores e outra de YouTube con 28.800, senón que usa precisamente a todo ese público para atraer usuarios á súa canle porno de OnlyFans.

Evita comezou en YouTube no 2016 precisamente cun vídeo no que fala de "técnicas de seducción". Ademáis, na súa canle ten unha gran cantidade de vídeos suxerintes, moitos con restricción de idade.

No 2019 subiu un vídeo sobre El Rubius e a partir de aí foi cando conseguiu maior popularidade, ata o punto de que comezaron a chamar como a "obsesionada" co youtuber ao subir unha gran cantidade de vídeos sobre el. No 2021 seguiu subindo á súa conta vídeos sobre blogs, experiencias e youtubers, pero cada vez comezan a ser máis suxerintes, como por exemplo probando o seu primeiro lubricante ou dicindo que ten conta de OnlyFans.

Pero se non fora pouco, Evita tamén ten unha conta de Pornhub, onde o contido e moito máis explícito que nos seus vídeos de YouTube. Pero o obxectivo destes vídeos e promocionar o seu OnlyFans, onde sube vídeos a cambio dunha cantidade de diñeiro. En Twitter, ademais, tamén mostra parte dos seu contido para adultos, onde en moitos deles deixa os enlaces para ver os vídeos. 

Basicamente a finalidade de Evita e conseguir seguidores, a parte de polémicas como El Rubius o o do galego, para así poder venderlle despois os seus vídeos de OnlyFans. 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta