O máster en Intelixencia Artificial das universidades galegas contará con 90 créditos e 20 prazas

Abordarase a IA non só desde un plano técnico, senón tamén desde un prisma humanístico centrado na persoa, e cun carácter práctico e aplicado

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2023 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres o plan de estudos do máster en Intelixencia Artificial pola Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVigo), que se estrutura en dous cursos cun total de 90 créditos.

Así, o máster conta con 36 créditos de materias obrigatorias, outros 36 de optativas, seis de prácticas externas e 12 do Traballo de Fin de Máster (TFM) repartidos en dous cursos. O total de prazas habilitadas é de 20.

Segundo recóllese no DOG, a titulación consta de sete bloques formativos: Fundamentos de Intelixencia Artificial e Enxeñaría de Datos, Razoamento, Procesado da Linguaxe Natural, Aprendizaxe Automática, Visión por Computador, Robótica e Aplicacións.

O obxectivo do programa é desenvolver as habilidades e competencias necesarias nas paradigmas de maior vixencia e interese no ámbito da IA e na súa aplicación á resolución de problemas.

Neste sentido, abordarase a IA non só desde un plano técnico, senón tamén desde un prisma humanístico centrado na persoa, e cun carácter práctico e aplicado, orientado á implementación efectiva de sistemas intelixentes para múltiples aplicacións e nun amplo rango de sectores.

Exposición de Intelixencia Artificial que acollerá a sede de Afundación na Coruña. AFUNDACIÓN
Exposición de Intelixencia Artificial que acollerá a sede de Afundación na Coruña. AFUNDACIÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta