Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2023 | Actualizada ás 17:52
A Deputación de Pontevedra anima a asociacións e colectivos a descubrir ao longo deste mes de febreiro o proxecto de transformación da sede de Turismo Rías Baixas, o Palacete das Mendoza, que combina realidade virtual, inmersión audiovisual e dispositivos interactivos.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acudiu este luns ao arranque da semana de portas abertas deste emblemático edificio na que se dá a coñecer aos visitantes unha reforma, incluída no programa 'Tourist Inside', que traslada ao público á Boa Vila de principios do século XX grazas á tecnoloxía.
Ao longo do mes de febreiro, estas visitas ábrense a todos aqueles colectivos e asociacións da provincia que o soliciten. Grazas a 'Tourist Inside', que conta cun orzamento de 1,9 millóns de euros e está financiado ao 60% por Red.es con fondos Feder, a Deputación, tamén remodelou outras once oficinas que no momento no que se puxo en marcha o proxecto formaban parte da Rede Info Rías Baixas.
Nestes momentos, a Rede está integrada por 33 oficinas polo que Carmela Silva anunciou que xa se está traballando para darlle continuidade e reformar tamén "as que quedaron fóra na primeira convocatoria".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.