Primeiros trámites para a creación da Vía Verde máis longa de Galicia que unirá Santiago con cerceda

O Plan de Sostibilidad Turística en Destino Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle conta con 1.375.400 euros do Goberno central.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2023 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

O primeiro tramo compostelán da Vía Verde Santiago-Cerceda conta xa con financiamiento para iniciar a súa licitación, despois de que a Xunta de Goberno local aprobase este luns un orzamento de 300.000 euros.

Así, a Deputación da Coruña indicou este martes que en marzo aprobará a parte de financiamento que lle corresponde, 500.000 euros, para empezar as obras de recuperación deste primeiro tramo na capital galega. Este tramo, de 2,1 quilómetros, é un dos máis complexos de toda a vía, posto que conta con varios túneles. Ademais, o segundo tramo da achega de Santiago á que será a vía verde máis longa de Galicia suporá o investimento de practicamente outros 800.000 euros.

Na presentación do Plan de Sostenibilidade Turística da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle este martes no Concello de Santiago participaron, entre outros, o delegado do Goberno, José Miñones, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o rexedor local, Xosé Sánchez Bugallo.

Entre os obxectivos desta vía verde está "crear un produto turístico singular", a partir da gastronomía e o resto de recursos materiais e inmateriais de cada unha da zona polas que pasa.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, entre outros
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, entre outros | Fonte: DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta