Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2023 | Actualizada ás 16:05
Os municipios ourensáns da Merca e do Pereiro de Aguiar convertéronse este martes nos primeiros concellos da provincia en formar parte da Rede de Parques sen Fume da Xunta de Galicia. Así, segundo destacou o Goberno galego, contarán con parques libres de fume de tabaco.
Este martes celebrouse o acto de colocación da sinalización desta iniciativa no parque da Merca. Desde alí, o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, animaron a máis concellos a unirse a esta rede.
Tal e como detallou o Executivo autonómico nunha nota de prensa, a través da Rede de Parques sen Fume, iniciada en xaneiro de 2023, a Xunta facilitou de forma gratuíta o material de sinalización a 18 concellos que xa se adheriron a esta iniciativa.
Así, con este programa da dirección xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, preténdese conseguir o obxectivo de crear máis espazos públicos libres de tabaco nos pobos galegos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.