Crean o Premio das Letras Galegas Vivas para homenaxear á xente da cultura galega que aínda vive

O premio deste ano, impulsado pola Biblioteca Sabela Labraña de Barcelona, foi para a poeta Luz Fandiño.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O día 11 de febreiro tivo lugar na sede da Biblioteca Sabela Labraña a proxección do documental "A poeta analfabeta" dedicado á biografía de Luz Fandiño. Despois da proxección conectouse telematicamente coa poeta e activista homenaxeada e estableceuse un coloquio coa trintena de persoas asistentes ao acto. A emoción e a contundencia das palabras de Luz Fandiño deixaron pegada en todas as persoas presentes.

I Premio das Letras Galegas Vivas - Biblioteca Sabela Labraña
I Premio das Letras Galegas Vivas - Biblioteca Sabela Labraña

Finalmente tivo lugar a entrega do I Premio das Letras Galegas Vivas, que non ten carácter económico e consiste nunha pequena escultura inspirada nos libros. Tamén houbo unha recolleita de sinaturas para pedir á Real Academia Galega o establecemento dun premio que se outorgue a unha escritora ou escritor en lingua galega que estea vivo. O acto foi presentado por membros da Biblioteca Sabela Labraña e foi retransmitido en directo por facebook.

91 ANOS E SEGUE COLABORANDO CON MEDIOS GALEGOS

“A poeta analfabeta” foi feita en 2020 e dirixida  por Sonia Méndez. Retrata a vida e obra dunha muller excepcional (Luz Fandiño), feminista, poeta, emigrante e revolucionaria. Repasa a súa vida coma emigrante, coma pobre e coma roxa. Luz Fandiño, aos seus 91 anos segue colaborando activamente con diversos medios de comunicación galegos e participando en charlas e presentacións en centros sociais, colexios e institutos falando da súa vida coma emigrante en Arxentina e Francia, da súa poesía e da súa cosmovisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta