Abanca e o galego

Algunhas persoas observarían este Nadal que a sinaléctica temporal das oficinas e máis a publicidade exterior da campaña de Nadal ían en castelán. E fonets oficiosas informan que tense decidido moi alto relegar o galego a un uso testemuñal.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 04/01/2015

Comparte esta noticia
Abanca autoposiciónase no segmento da banca minorista e está a recuperar a cota de mercado que a Caixa fusionada chegou ter no mercado galego (máis do 40% dos créditos e depósitos). Isto é, quere fidelizar, lexítimamente, ás empresas e familias que facían parte da clientela das Caixas galegas. É dicir, arela unha posición relevante no mercado financeiro galego.
 
R xa demostrou, canda moitas outras empresas galegas, que a nosa lingua nunca resta e sempre suma. Suma con todos aqueles que a usan e cos que non o fan, pero a queren e valoran coma unha riqueza de noso.  Suma o valor da diferenza, produto da identidade e da proximidade.
 
A diferenza- o ADN que din os de R -, é esencial na elección dunha rede e produto. Máis aínda na banca, que xoga con factores de proximidade e territorialidade. E máis no caso de Abanca que se chama herdeira dese “sentir común” da clientela galega.
 
Usar decote o galego non lle resta nada a Abanca. Porque eses centos de extremistas absurdamente antigalegos non constitúen o seu público obxectivo. De certo serán xa clientes doutra entidade con sede operativa no Madrid financeiro e nada contaminada pola galeguidade.
 
Galicia amosa unha práctica diglósica e certamente hai centos de milleiros de persoas que usan decote o castelán. Mais o uso das linguas na venda de produtos bancarios non é un problema do 50%, porque neste país todos entendemos e case todos aprezamos o galego. E para que Abanca poida vender galeguidade, proximidade, identidade e “sentir común” precisa apostar na súa publicidade., comunicación e sinaléctica polo galego como lingua de uso preferente. Outra decisión sería un grave erro  de marketing.
 
A ARRINCADEIRA : ISIDRO PARGA PONDAL
 
O Foro Peinador homenaxea o xeólogo e empresario Isidro Parga Pondal, profesor da USC entre 1922 e 1936, cando foi depurado. Demostrou que é posíbel facer ciencia de calidade na Galicia e, sobre todo, compatibilizar ciencia e empresa. Él estaría hoxe a nos advertir que recurtar en I+D+i é aceptar a pobreza, a dependencia e a mediocridade.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.