Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2023 | Actualizada ás 11:17
O municipio ourensán de Calvos de Randín rexistrou na madrugada deste domingo as temperaturas máis baixas de toda Galicia, 5,2 graos baixo cero. Segundo os datos solicitados por Meteogalicia, a provincia de Ourense concentra as marcas mínimas máis baixas, seguido Calvos de Randín por Baltar (-4,4) ou Viana do Bolo (-2,6). Tamén ao redor dos dous graos e medio baixo cero queda a localidade pontevedresa de Lalín.
A previsión do servizo meteorolóxico galego sinala que Galicia recupera este domingo a influencia anticiclónica. Deste xeito, o ceo presenta nubes e claros con posibilidade de chuvascos ocasionais no norte de Lugo durante a mañá.
Ademais, as temperaturas mínimas descenden lixeiramente e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará do nordés, forte en mar aberto entre Estaca de Bares e a Costa da Morte.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.