Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2023 | Actualizada ás 14:34
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental deu luz verde á delimitación como núcleo rural e a ordenación do asentamento de Anseán, na parroquia de Buxantes, municipio de Dumbría (A Coruña).
Dumbría recorre a esta figura para evitar a inseguridade xurídica en cuestións como futuras obras, xa que o municipio non conta con Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que está en tramitación. Deste xeito, o Goberno galego resolve que non é necesario un procedemento ordinario de avaliación ambiental ao non detectar "efectos ambientais adversos significativos".
Este núcleo rural abarca 7,7 hectáreas de superficie, onde existen 37 parcelas edificadas e poderíanse edificar outras 32. Así, diferénciase unha parte tradicional e outra común. En concreto, proponse a catalogación dun total de 17 hórreos, aínda que se identifican outro catro hórreos e un lavadoiro nunha zona próxima. A contorna é de carácter rural, ocupado fundamentalmente por terreos de cultivo e masas forestais de repoboación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.