Os novos contratos de mulleres baixan un 30% con respecto a hai un ano

Con todo aumenta considerablemente a contratación indefinida que pasa dun 15% a case un 40%.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/03/2023 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

A empresa de traballo temporal Randstad revela que as traballadoras de Galicia asinaron durante xaneiro 24.482 contratos, 30% menos que hai un ano, cando se asinaron 34.966, un descenso 6,6 puntos porcentuais máis acusado que a media do estado, situada no 23,4%. Estes contratos supoñen o 4,5% do total que se rubricaron en España.

A Xunta di que fomentará a contratación de mulleres desempregadas
A Xunta di que fomentará a contratación de mulleres desempregadas | Fonte: XUNTA DE GALICIA

No que se refire a provincias, A Coruña (10.477) e Pontevedra (9.449), lideran os maiores volumes de contratos femininos en Galicia, seguidas por Lugo (2.282) e Ourense (2.274).

A nivel estatal, Randstad destaca que o emprego feminino arrincou o ano 2023 co peor volume de contratos dos últimos doce meses, 545.154 firmas, e rexistrando desde setembro unha caída ininterrompida do 30,2%. A comparativa con respecto a hai un ano, cando se contabilizaron 713.290 contratos, tamén é negativa, cun descenso do 23,4%.

No que se refire a tipoloxía de contrato, Randstad releva que, a pesar da caída da contratación, o volume de indefinidos creceu considerablemente. En concreto, os contratos indefinidos asinados polas mulleres duplicáronse nun ano. De feito, a contratación indefinida entre as traballadoras supuña hai doce meses un 14,7% e actualmente, un 39,6%, unha tendencia habitual en todos os segmentos debido á entrada en vigor da reforma laboral.  

No que a sectores se refire, Randstad destaca que a hostalaría (78.495), o comercio (72.482) e o sector sanitario (71.258) foron os sectores nos que maiores volumes de firmas por parte das traballadoras rexistráronse durante o pasado xaneiro, supondo a súa suma o 40% de todos os contratos que asinaron as mulleres.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta