Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2023 | Actualizada ás 19:14
Os traballadores do almacén loxístico que a empresa Lidl ten no polígono industrial de Río do Pozo, en Narón, que están en folga indefinida desde hai 17 días, protagonizaron na mañá deste xoves unha caravana de vehículos para tratar de "dar unha maior visibilidade ao seu conflito en demanda do cumprimento do convenio colectivo", tal e como detallou en declaracións a Europa Press Cristina Martínez, do sindicato CIG.
"Durante todo este tempo, a dirección non se quixo sentar a negociar connosco e o conflito segue igual, con 150 traballadores secundado esta medida de protesta", engadiu. O persoal en folga concentrouse desde as 11,00 horas ante as instalacións de Narón e marcharon en caravana por rúas e avenidas deste municipio e tamén do veciño de Ferrol, onde finalizou a súa protesta ante un dos supermercados da cadea de orixe alemá, situado no polígono da Gándara.
O sindicato nacionalista acusa á empresa "do incumprimento do convenio colectivo", que afecta a un centro de traballo cuxos operarios están repartidos en quendas de mañá, tarde e noite, o que lles levado a presentar durante o últimos catro anos varias denuncias ante Inspección de traballo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.