Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2023 | Actualizada ás 19:40
Catro persoas estiveron en apertos este venres tras envorcar a planadora na que navegaban en Porto do Son. Dous delas foron rescatadas por unha embarcación particular e levadas ata o porto, mentres que as outras conseguiron chegar a nado ata terra, ilesas.
Un particular que se atopaba na zona chamou ao 112 Galicia ás 12,20 horas, xa que observara como envorcou unha planadora que navegaba pegada á costa, entre as praias de Suigrexa e Cabeiro. Durante a conversación, indicaba que había polo menos unha persoa sobre o casco da embarcación, e varias na auga.
O 112 informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Porto do Son.
Minutos despois, Salvamento Marítimo comunicaba que estaban a mobilizar un dos seus barcos de rescate. Case ao mesmo tempo, un particular apuntaba que dous das persoas accidentadas estaban a alcanzar o areal das Pitas, ilesas. Outra planadora conseguiu rescatar rapidamente aos dous tripulantes restantes e levounos ao porto da localidade, onde chegou unha ambulancia para atender aos implicados no caso de que fose necesario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.