Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/03/2023 | Actualizada ás 09:00
As empresas de traballo temporal presentan un elevado ou risco máximo de impagamento no 35% dos casos. Así o mostran os derradeiros datos de Insight View, que revela as características deste tipo de compañías. Destacan tamén que case a metade delas, o 48%, foron creadas nos últimos cinco anos.
Segundo o informe, o sector do traballo temporal amosa unha forte dispersión territorial, xa que ademais dos grandes focos de actividade en Madrid e Barcelona, tamén se rexistran "clusters" moi claros en Murcia ou Valencia.
Ademais, o tecido empresarial mostra unha relativa concentración. O 40% está composto por grandes e medianas empresas, mentres que o 18% por empresas pequenas e o 42% correspóndese con microempresas.
Así, a antigüidade é un factor relevante para determinar os riscos do sector. 0 26% das empresas de traballo temporal superan o cuarto de século, e entre elas só o 23% representar un perigo elevado ou máximo. Un ratio que se eleva ata o 55% entre as compañías creadas nos últimos cinco anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.