Por E.P. | Santiago de Compostela | 06/03/2023 | Actualizada ás 19:53
A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, escudouse en que non escoitara á ministra de Facenda, María Jesús Montero, de forma que non se pronunciou sobre as declaracións que fixo en canto ás pensións. No entanto, si reivindicou que o Executivo do que forma parte "está a cumprir a súa palabra".
"Non escoitei á ministra e a case ninguén", escusouse, para ser "prudente" nas súas declaracións sobre as palabras da titular de Facenda este domingo, nas que dixo que as pensións eran "o salario mellor repartido para as familias".
En todo caso, afirmou que é "evidente" que o Goberno de España "está a cumprir coa súa palabra, defendendo as pensións", que se revalorizaron de conformidade ao IPC a pesar da inflación, cun investimento de 14.000 millóns de euros.
Neste sentido, advertiu de que se "gobernasen as forzas da dereita", a revalorización das pensións sería do 0,25 por cento, polo que quixo pór en valor esta diferenza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.