Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2023 | Actualizada ás 11:50
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, estivo na caseta co que o departamento que xestiona participa na Feira Internacional de Turismo de Berlín, xunto a representantes do Clúster de Turismo, para pór en valor a oferta turística de Galicia.
Segundo trasladou a Xunta nunha nota de prensa, o espazo da comunidade galega conta con 50 metros catros dentro da caseta de Turespaña, con mostradores de información e unha área de traballo dedicada a profesionais na que estará representado o Clúster con citas programadas.
Ademais, destacou que a Feira Internacional de Berlín é unha das feiras profesionais máis importantes no sector turístico, na que participan máis de 180 países e que ano tras ano conta coa visita de máis de 160.000 persoas. Para a Xunta, "o alemán segue sendo un dos principais mercados internacionais" para Galicia.
Nesta liña, detallou que nos últimos anos observouse que a maioría de visitantes que se achegan á caseta de Galicia acoden coa intención de buscar información de primeira man para visitar a comunidade a curto-medio prazo. "O turista alemán trátase dun turista fiel que adoita repetir, mostrando a súa preferencia por descubrir destinos afastados da masificación", subliñou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.