Cunha previsión de condicións extrema durante toda a xornada, o comité de regatas decidiu suspender a última proba que quedaba por disputarse ás 10.45 horas. Desta maneira, o 'Bribon', líder desde o primeiro día, adxudícase o seu cuarto título continental consecutivo.
  comenta   0
Este xoves 5 de setembro presentábase o festival que pon a Vilaxóan no mapa e que este ano baterá records. Un deles o orzamento, que nesta edición supera os 900.000 euros.
  comenta   0
Este foi o primeiro ano despois da declaración desta celebración como Ben de Interese Cultural (BIC) no apartado de patrimonio Inmaterial.
  comenta   1
A concelleira popular que chamou 'imbécil' a un edil do BNG descúlpase e denuncia unha campaña difamatoria. Os representantes dos grupos da oposición (BNG, PSOE e Ponteareas en Común) denuncian o ocorrido no pleno e lamentan as "carencias democráticas" do goberno local
  comenta   0
Estudantes con discapacidade intelectual da Asociación Xoán XXIII de Pontevedra recibirán formación durante cinco semanas para conducir e mostrar aos visitantes o potencial cultural, histórico e patrimonial da cidade.
  comenta   0
Segundo trasladaron, o bipartito deixou máis de 9 millóns de débedas, dos que máis de 2,5 millóns correspóndense a facturas impagadas. Tamén aseguraron que hai facturas por importe duns 300.000 euros por traballos "sen contrato", ao que se suma o déficit de 1,5 millóns co que se pechou o exercicio pasado, e a previsión de orzamento de 300.000 euros para iluminación pública, "cando o gasto real é de 1,3 millóns".
Bolívar González, o que foi durante 17 anos concelleiro do Concello de Ponteareas polo BNG, denunciou ao actual membro da corporación municipal Domingos Freitas tras chamalo "parapléxico" no pleno de investidura da actual alcaldesa, Nava Castro, o pasado mes de xuño. Danse as circunstancias de que Bolívar González se viu obrigado a retirarse de toda actividade pública e laboral como consecuencia da deterioración de saúde que dificulta a súa mobilidade, precisando habitualmente de bastón ou apoios para camiñar.
Na denuncia dos socialistas, indícase que se aprobou un proxecto "sen seguir o procedemento legal" previsto na Lei de Contratos, e "contratando verbalmente pola concelleira de Urbanismo un proxecto novo".
O actual alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, ocupará a área de Asistencia aos Concellos, Transparencia e Administración Xeral, mentres que a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, será a responsable de Turismo no novo goberno da Deputación de Pontevedra.
  comenta   0
Desde o Partido Popular de Ponteareas expresaron este mércores o seu "rotundo rexeitamento" ás "graves acusacións formuladas" polos socialistas locais, nas que se acusa á alcaldesa de "prácticas caciquís".
O xornalista Xosé Manuel Merelles dirixirá Turismo de Galicia e José Antonio Álvarez presidirá Portos. A súa anterior titular cesa por "petición propia", segudo Rueda.
  comenta   0
Nava Castro (PP) será novamente alcaldesa pero en minoría tras non chegar a un acordo cos independentes.
O líder dos independentes insiste en que o seu obxectivo é "liderar" o goberno local e critica os vetos impostos polo PP nun posible pacto.
Nava Castro defendeu a implicación da Xunta de Galicia co termalismo, asegurando que se incluíron as vilas termais con centros históricos nos plans territoriais cos que se optan aos fondos europeos
  comenta   0
Nesta feira participan máis de 180 países e que ano tras ano conta coa visita de máis de 160.000 persoas
  comenta   0
A nosa comunidade foi todo un "éxito" na feira. O espazo de negocios xestionado polo Clúster de Turismo celebrou máis de 400 reunións con 1.000 profesionais asistentes
  comenta   2
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada de presentar o catálogo 'Fervenzas de Galicia, Poema Visual' na caseta de Galicia en Fitur.
  comenta   0
Nava Castro presentou este venres a 'caseta' da 39ª edición da Feira Internacional de Turismo, centrada na promoción da "etnogastronomía sustentable" galega, con 54 actos organizados ao redor desta materia.
  comenta   0
A Xunta de Confrarías anuncia que empezarán os trámites de solicitude de Interese Nacional Turístico para esta celebración relixiosa
  comenta   0