Un responsable do BNG de Ponteareas denuncia a un concelleiro do goberno local por chamalo "parapléxico"
Bolívar González, o que foi durante 17 anos concelleiro do Concello de Ponteareas polo BNG, denunciou ao actual membro da corporación municipal Domingos Freitas tras chamalo "parapléxico" no pleno de investidura da actual alcaldesa, Nava Castro, o pasado mes de xuño. Danse as circunstancias de que Bolívar González se viu obrigado a retirarse de toda actividade pública e laboral como consecuencia da deterioración de saúde que dificulta a súa mobilidade, precisando habitualmente de bastón ou apoios para camiñar.
Por Europa Press / Redacción | VIGO | 15/09/2023 | Actualizada ás 18:41