Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2023 | Actualizada ás 18:57
A mellora e axilización de datos estatísticos e a "homoxeneización" de vivendas de uso turístico son os dous principais retos que, desde Galicia, márcanselle ao novo ministro de Industria, Comercio e Turismo, Héctor Gómez.
Así o dixo este martes a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que confiou en que as relacións co novo responsable da carteira sexan "do mesmo talante" que coa anterior ministra, cuxa relación cualificou de "amable".
Nava Castro explicou que xa coñece a Héctor Gómez como antigo responsable de Turespaña e, ante as súas novas responsabilidades, pediulle que "lle dea máis importancia ao turismo" dentro do ministerio.
"Para nós é esa industria branca, non contaminante, máis sustentable", explicou Nava Castro, que reivindicou tamén o seu peso no PIB e o feito de que converte a España "en potencia mundial". Por todo iso, reclamou que as responsabilidades en industria "non vaian en detrimento de turismo".
En canto aos retos do novo ministro, indicoulle dous: a "homoxeneización das vivendas de uso turístico" e a axilización dos datos estatísticos, empregando ferramentas que permitan obtelos de forma máis áxil e conseguir máis información deles. Como mostra, lembrou que, a día de hoxe, os datos turísticos que proporciona o INE obtéñense "un mes despois de acabar o mes" en cuestión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.