'Impulsa Galicia' preséntase en Madrid como un polo para transformar e sacar a "potencialidade" á rexión

A sustentabilidade e a economía circular, os factores máis repetidos no desarollo desta colaboración público-privada

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/03/2023 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

A sociedade público-privada 'Impulsa Galicia' deuse a coñecer este martes en Madrid nun acto cos principais responsables, como o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, ou o líder da Xunta, Alfonso Rueda. Este proxecto presentouse neste evento como un "polo para a transformación da rexión", segundo palabras de varios relatores, e coa sustentabilidade e a economía circular como os valores máis repetidos.

Este método de colaboración, Impulsa Galicia, naceu tras a pandemia do Covid-19 e traballan desde fai xa máis de ano e medio a Xunta (40%), a entidade financeira Abanca (38%), a enerxética Reganosa (12%) e a empresa pública Sogama (10%), socios fundadores que achegaron un capital de cinco millóns de euros.

Así se presentaron este martes en Madrid, na casa de Galicia da capital de España, nun acto no que os principais responsables de Impulsa Galicia detallaron os pormenores e as vantaxes desta colaboración pública-privada que colleu forma a través deste proxecto.

O primeiro en tomar a palabra foi o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, que marcou os "obxectivos de longo alento" de Impulsa Galicia, que son tales como estimular a creación de pequenas, medianas e grandes empresas, do mesmo xeito que converterse nun factor de creación de emprego.

APROVEITAR O POTENCIAL DE GALICIA

Neste contexto, o presidente de Abanca destacou o potencial de Galicia, en asuntos como as infraestruturas de transportes, que neste momento está "a avanzar en transportes multimodales" que ademais desembocarán nos peiraos.

Así mesmo, Escotet puxo en valor a "potencialidade" de Galicia para exportar beneficios a calquera punto de España, como unha das grandes "fortalezas" desta rexión, que, segundo reivindicou, tamén fai atractivo este proxecto de Impulsa Galicia.

Outro dos puntos fortes que, baixo o seu punto de vista, teñen Galicia para atraer este polo de transformación é "a excelencia do produco galego", de xente que traballa a terra e o mar e que, segundo proclamou, soubo adaptarse a estes tempos.

"Impulsa Galicia non é só unha aposta pola responsabilidade, senón tamén o resultado dunha actitude, de facerlle fronte aos momentos onde os ventos non son favorables, navegar na complexidade", sinalou Escotet, que destacou os proxectos tractores de xerar biogás e fertilizantes a partir de excedentes de xurros, transformar madeira certificada en fibras téxtiles sustentables, producir hidróxeno verde para descarbonizar a economía ou instalar un gigavatio de nova potencia enerxética renovable.

ALFONSO RUEDA, O VALOR DOS EMPRESARIOS

En todo este contexto, o presidente da Xunta, que tamén quixo destacar este proxecto pioneiro en España de colaboración público-privada, rompeu unha lanza en favor dos empresarios nun momento de polémica coas declaracións do Goberno central tras a marcha de Ferrovial de España.

A este respecto, Rueda asegurou que "un país non prospera sen os seus empresarios", á vez que defendeu a "estabilidade institucional" dentro da súa comunidade, pondo en valor que a Xunta "ofrece seguridade xurídica" ás empresas e chamou a combinar "beneficio social con beneficio económico".

De feito, durante a súa intervención, que serviu para pechar este acto en Madrid, Rueda enxalzou os datos económicos de Galicia, cun dos niveis de débeda máis baixos das comunidades de réxime común e coa recuperación xa do PIB de antes da pandemia.

Iso si, o líder galego volveu a reprochar ao Goberno de Pedro Sánchez a "burocracia" que ten que ver coa chegada dos fondos europeos. "Aínda estamos a tempo (...) a día de hoxe, terminando o primeiro trimestre de 2023, non se están movendo coa celeridade que debesen", denunciou Rueda.

Así mesmo, o presidente da Xunta tamén comentou varias fortalezas da rexión, como a posición xeográfica, e chamou a seguir traballando para dar facilidades a estes empresarios, a través, por exemplo da formación profesional. "Todo est non é efémero, chegou para quedar e para ser unha realidade", sentenciou.

CATRO PROXECTOS TRACTORES

Durante este acto tamén tomaron a palabra o vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, que á súa vez é o presidente de Impulsa Galicia. Segundo dixo, esta iniciativa pretende plasmar "como se está dando resposta ao obxectivo de transformación" que ten a Xunta de Galicia. Así mesmo, constituíuse un panel denominado 'O que somos a través do que facemos', no que participaron diferentes actores desta colaboración público-privada.

En concreto, tomaron a palabra a directora xeral de Impulsa Galicia, Enyd López; o director xeral de Reganosa e membro do comité técnico de Impulsa Galicia, Emilio Bruquetas; o director xeral de Mercado de Capitais, Xestión e Distribución Institucional de Abanca, José Pina; a directora de Novos Negocios de Naturgy, Silvia Sanjoaquin; a directora de Combustibles Renovables de Repsol, Berta Cabelo e o conselleiro delegado de Ingenostrum, Santiago Rodríguez. Todos eles explicaron a súa participación nesta colaboración pioneiro e detallaron o catro proxectos tractores que versan en Impulsa Galicia e o que virá no futuro.

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, durante a presentación do proxecto Impulsa Galicia.
O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, durante a presentación do proxecto Impulsa Galicia. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta