A metade dos farmacéuticos cren que os pacientes non cumpren cos seus tratamentos "nunca ou case nunca"

Promoven unha campaña para concienciar á cidadanía sobre un uso adecuado da medicación

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2023 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A metade dos farmacéuticos da provincia da Coruña cren que os pacientes non cumpren adecuadamente os seus tratamentos "nunca ou case nunca". Así se desprende dunha consulta recente realizada polo Colexio oficial de Farmacéuticos da Coruña (COFC).

Os colexiados valoran, ademais, a farmacia como un punto sanitario "adecuado" para a promoción de bos hábitos ao redor dos medicamentos e consideran que servizos como o Sistema Personalizado de Dosificación (SPD) poden axudar a determinados pacientes no cumprimento.

Así o apuntaron a presidenta do COFC, Sara Catrain González; a secretaria, Marga Muñoz da Chave; e a responsable de Servizos Asistenciais Farmacéuticos Profesionais, Antía Marcos Currás, durante a presentación da compaña 'Non sexas rosmón e toma ben a medicación'.

A enquisa realizada a 115 farmacéuticos de 38 concellos da provincia, segundo explicou Muñoz, reflicte que o 36% dos boticarios cren que os usuarios non cumpren os tratamentos e o 11,4% "case nunca" os completan. Destacou, ademais, que os "máis coidadosos coa pauta médica" son os pais con nenos pequenos e os pacientes crónicos; os "máis incumplidores", as persoas maiores.

A secretaria de COFC explicou tamén que os factores que afectan á falta de adherencia están asociados ao propio tratamento, a enfermidade, os sanitarios que o tratan ou aspectos socioeconómicos. "É importante que o paciente valore e saiba realmente para que é a súa mediación e o importante que é tomalo nas tomas que ten que facelo e durante o tempo que ten que facelo", apostilou.

"O SISTEMA MÁIS EFICAZ E MÁIS BARATO"

Neste sentido, Catrain sinalou que "o peor medicamento é o que non se toma". "Son súper seguros e é o sistema máis eficaz e máis barato, avanzouse en calidade de vida". Os medicamentos que máis dúbidas suscitan nas boticas, segundo recalcou, son os dispositivos para a asma, os antigripais ou antitusivos ou os tratamentos para a diabetes.

Respecto ao SPD, servizo que se está pondo en marcha con protocolos de actuación e formación desde do colexio, ambas coincidiron en que se trata dun servizo "fundamental que evitaría moitos problemas".

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN

A campaña 'Non sexas rosmón e toma ben a medicación' ten como obxectivo pór o foco naqueles pacientes que non cumpren adecuadamente os tratamentos para tratar de "concienciarlles, resolver as súas dúbidas e conseguir que cada medicamento dispensado na farmacia sexa efectivo". Este proxecto plasmarase en carteis en 572 farmacias da provincia durante dúas semanas.

Unha farmacéutica entrega un test a unha muller / COLEXIO OFICIAL DE FARMACÉUTICOS DE OURENSE. / Europa Press
Unha farmacéutica entrega un test a unha muller / COLEXIO OFICIAL DE FARMACÉUTICOS DE OURENSE. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta