Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2023 | Actualizada ás 12:15
O xornalismo galego tamén fai un chamamento á igualdade este 8M. A asociación Xornalistas Galegas fixo un chamamento aos poderes públicos para que haxa compatibilidade entre as convocatorias de prensa e a conciliación.
Segundo sinalou nun comunicado a asociación, as mulleres profesionais de todos os ámbitos da comunicación apelaron á responsabilidade dos poderes públicos co obxectivo de que exista unha "aplicación real das medidas de conciliación que recollen nos seus idearios". Xornalistas Galegas apuntou que solicitan unha medida "concreta inmediata", que contribúa a "visibilizar un primeiro paso do compromiso d os poderes públicos nesta materia".
COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS
Pola súa banda, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, indicou nun comunicado polo 8M, asinado pola xornalista Aida Pena, a que as profesionais da información "deben utilizar as súas posicións nos medios para denunciar a desigualdade".
Pena manifestou que, entre outras cousas, "persiste a brecha salarial, persisten as dificultades para acceder a postos de responsabilidade", pero que "isto non pode facer que caia na desesperanza".
Nesta liña, o escrito insta a abordar a información "con enfoque feminino e feminista" e apuntou que "non se pode baixar a garda, non se pode mirar cara a outro lado diante das situacións que exclúen ás mulleres".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.