Por E.P. | Galicia | 10/03/2023 | Actualizada ás 10:50
A Xunta e os sindicatos chegaron a un acordo na mesa sectorial de Xustiza para a aprobación do protocolo contra o acoso laboral para o persoal da Administración de Xustiza, que será levado ao Consello do goberno galego para que dea luz verde.
Este protocolo ten como finalidade previr, detectar e resolver situacións de acoso laboral e outras discriminacións neste ámbito e, como subliñou o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, busca "a erradicación total destas condutas" para "garantir a saúde das persoas que sofren esas situacións, así como a súa asistencia e protección.
O protocolo está dirixido a persoal da Administración de Xustiza de Galicia do corpo de médicos forenses, xestión procesual, tramitación administrativa e auxilio xudicial, e prevé a aplicación de medidas de prevención e correctoras.
Así mesmo, a partir da aplicación, elaboraranse estudos dos casos denunciados e resoltos, para que haxa un rexistro dos asuntos investigados. O acordo prevé tamén a constitución dun comité de intervención, que será o encargado de recibir as solicitudes, investigar os feitos e realizar o correspondente informe con conclusións e proposta de medidas dirixida á Dirección Xeral de Xustiza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.