Metamorfose ideolóxica

A evolución ideolóxica dos seres humanos ás veces resulta chocante e tamén contaditoria. Dende o nacemento da Constitución ós nosos días, moitas das persoas que pasaron pola politica sufriron unha mutación ideolóxica que resultou un tanto esperpéntica. Polo que, ollamos con frecuencia casos de cargos políticos que deron bandazos que, a día de hoxe, parecen de loucura.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 10/03/2023

Comparte esta noticia
Ben sei  que a ninguén se lle pode impedir o cámbio das súas ideas  segundo a formación e  información que ten;  ou incluso, debido a outras ciscuntancias da vida. Mais pasar dun extremo ideoloxico ao contrario parece unha cuestión dificil de xustificar. Tamén sei que os anos e o ego persoal  pesan e, ás veces,  por uns intres de gloria mediática, danse  pasos errados que axudan a branquear a ideoloxías perigosas que teñen tras de si agochadas prohibicións  e ilegalizacións dos discrepantes. 
 
No periodo de tempo sinalado, moitos foron os que practicaron a metamorfose ideolóxica. Lembrarei un par de  casos:  Rosa Diez e  Jorge Westringe. A primeira pasou, de ser aspirante a dirixir a secretaría xeral do PSOE, a saír á rúa en manifestación xunto á  extrema dereita  predicando postulados semellantes ós de Vox. Pola contra, o segundo pasou de ser o lider do PP a un profe de universidade que a día de hoxe defende as teorías próximas a Podemos. 
Ninguen pode negarlle a evolución de pensamento, pois é un dereito natural. Mais hai casos, como o do economista membro importante do PCE Ramón Tamames que,  dentro duns días,  defendera unha moción de censura presentada por Vox contra o goberno actual, chirrian e desafinan moitísimo. Apoiar unha moción que chama poderosamente á atención e que non ten futuro, pode converterse nun espectáculo semellante a unha comedia bufa. E o señot Tamames faino sen sopesar ó ridículo que pode ser.  Non só  pola idade que ten, si non  polo anuncio que fan dende o partido de extrema dereita. Pois din que, si saira adiante, sería pra convocar eleccións xerais axiña. Co que,  de moción constructiva, nada. Pois si todo vai normal, a lexislatura remata no outono deste ano. Polo que a moción de marras non ten outro obxectivo que tentar que Vox apareza como oposición frote o goberno actual. Máis, sabedor desa meta, non se entende como unha  persoa octoxenaria se presta a ser un instumento pra  tal xogada.
 
Hai xente que ó ver que os anos pasan e o seu ego, na súa andaina vital,  non quedou plenamente  satisfeito, perde o prestíxio acadado por  ter uns intres mediatícos de gloria.
Todas as persoas temos o dereito  a movernos ideoloxicamente como nos pareza máis  coherente. Todos temos o dereito a revisar o noso pasado e emendar erros. Mais,  pra eso compre un certo exame  e  tevisar r criticar  abertamente o que antes pensaba  e  logo  xustificar con argumentos e  razóns  do paso dado.
 
En fin, como a metamorfose política tamen se deu, ainda que menos, en Galicia, coidémonos destes persoeiros que semellan ser oportunistas ou un  tanto narcisos. Persoeiros que   poñen por diante da ideoloxia o seu ego, e se cabe, os seus intereses  particulares. E non esquezamos que, os polos ideoloxicos case sempre se encontran no mesmo bando. Pero tampouco,  esquezamos que esta moción esta branqueando ós que se aproveitan da magnanimidade da democracia pra tentar desacreditala e manipulala. E logo   sesgar ás liberdades e poñerlle chanzos e cadeas ás ideas. E a ise xogo préstase  quen tirou o curriculo pola fiestra a cambio de ter uns intres de gloria. De pena.

Santiago Abascal e Ramón Tamames
Santiago Abascal e Ramón Tamames | Fonte: EP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com