Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 14/03/2023 | Actualizada ás 16:17
Axentes da Garda Civil de Ourense investiga a unha persoa, natural de Valencia, por unha suposta chantaxe sexual a un veciño da localidade ourensá de Maceda.
A investigación comezou por mor dunha denuncia interposta no cuarte da Garda Civil, na que o prexudicado informaba de que recibira chamadas e mensaxes ameazantes a través dunha rede social procedentes de varias liñas de telefonía móbil.
Tras non acudir a unha cita concertada, o home recibira numerosas chamadas e mensaxes e, dixo, temía pola súa integridade física, polo que realizou varias transferencias por un importe total de 700 euros.
Das actuacións seguidas derivouse a investigación como suposto autor dun delito de coaccións (sextorsión) a J.E.M., de 52 anos, veciño de Valencia, ao que xa lle constan antecedentes por feitos de índole similar. As dilixencias foron remitas ao Xulgado de Instrución de Garda dos de Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.