Os traballadores de Navantia non saben "de onde saen" os 1.500 postos de traballo anunciados por Sánchez

Manifestáronse este mércores polas rúas de Ferrol para demandar o novo plan industrial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2023 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Emilio García Juanatey (CC OO), asegurou descoñecer "de onde saen" os 1.500 postos de traballo anunciados o pasado venres polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, nun acto en Cataluña.

"Eses números teñen que estar fundamentados nunhas necesidades técnicas, ten que haber unha carga de traballo e esa carga vai dicir que tipo de necesidades temos, en función de que tipo de buques e que tipo de artefactos de eólica imos construír", manifestou o representante sindical, minutos antes de saír en manifestación por Ferrol.

Este mércores, os traballadores da empresa naval pública marcharon ata a sede nesta cidade de Facenda, dentro do calendario de mobilizacións aprobado en asemblea. Ademais, os traballadores portaron catro "monicreques" aos que lles colocaron os rostros do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a ministra de Facenda, María Jesús Montero; a presidenta da SEPI, Belén Gualda, e o presidente de Navantia, Ricardo Domínguez.

García Juanatey abundou en que "non é de recibo que unha ministra diga 735 prazas", en alusión ao manifestado pola ministra de Facenda, María Jesús Montero, nunha visita hai uns días aos estaleiros da baía de Cádiz.

Por iso, reclamou que a dirección "convoque xa" aos traballadores "para reunir a comisión de negociación do plan industrial, para negociar este documento e o convenio colectivo", algo que levamos pedindo desde fai máis dun ano", incidindo que "non teñen ningún tipo de papel, ningún tipo de documento sobre da mesa".

Protesta de traballadores de Navantia.
Protesta de traballadores de Navantia. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta