Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2023 | Actualizada ás 18:24
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, admitiu este mércores que feitos como o achado do narcosubmarino de Arousa evidencian que "segue existindo" o problema do narcotráfico en Galicia, polo que é preciso continuar "reforzando" as medidas de prevención, detección e castigo contra esta actividade delituosa e quen están detrás.
A preguntas dos medios tras o Consello, o presidente autonómico reflexionou acerca de que cando hai accións en positivo non adoitan ter "tanta repercusión pública" como as negativas, "sobre todo cando se trata de algo tan espectacular" --resaltou-- como o achado do narcosubmarino.
"Este tipo de feitos lémbranos que segue existindo o problema, máis que antes se cabe", dixo, antes de incidir en que é preciso continuar "coa loita" contra o narcotráfico, mediante a colaboración internacional e dotando dos medios que sexan precisos. Pero tamén aludiu á "concienciación social" e apelou a ser conscientes de que o narcotráfico é "unha secuela" fronte á que "non se pode dar un paso atrás".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.