O PP pide explicacións de por que o Comisionado para o Corredor Atlántico excluíu á Xunta na súa visita a Galicia

A senadora galega Pilar Rojo rexistrou unha pregunta na Cámara Alta

Por E.P. | Galicia | 16/03/2023 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

O Partido Popular, a través da senadora galega Pilar Rojo, rexistrou esta semana unha pregunta na Cámara Alta sobre por que o Comisionado para o Corredor Atlántico, nomeado polo Goberno central, excluíu á Xunta na súa visita a Galicia.

Nun comunicado, os 'populares' lembraron que o comisionado, José Antonio Sebastián, estivo en Galicia o pasado 7 de marzo. "A súa axenda incluíu reunións co delegado do Goberno ou con directivos de empresas, pero sorprendentemente non con algún representante da Xunta, administración que se decatou da visita polos medios de comunicación", criticaron desde o PP.

Rojo cuestionou cales son os motivos desta "exclusión", por que non foi comunicada a visita e se está prevista algunha reunión con representantes da Xunta. En caso negativo, cales son as razóns esta negativa.

Precisamente a semana pasada a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, tamén criticou esta acción, lamentando que a primeira visita do comisionado foi "sen comunicación" e "de costas a Galicia". "É intolerable", manifestou a representante autonómica. O presidente do Executivo galego, Alfonso Rueda, sinalou que "despois de tantos anos de espera, este non foi un bo comezo".

Pilar Rojo, senadora do PP
Pilar Rojo, senadora do PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta