Por E.P. | PONTEVEDRA | 16/03/2023 | Actualizada ás 20:32
O deputado de Galicia en Común Antón Gómez-Reino leva ao Congreso a "inquietude" entre o colectivo de mariscadoras de Carril pola mancha de gasoil rexistrada nas proximidades da praia de Compostela, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, e que sería atribuíble á aparición do narcosubmarino afundido na zona de Vilaxoán.
Gómez-Reino, do Grupo Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia En Común, rexistrou na Cámara Baixa varias preguntas relacionadas coa mancha aparecida esta semana e que o Concello de Vilagarcía apunta a que procedería do batiscafo achado a un quilómetro mar dentro.
E é que, segundo explica o deputado nun comunicado, as mariscadoras "temen que a vertedura poida afectar os bancos marisqueiros da zona", polo que pregunta ao Goberno central se "ten constancia de posibles afectacións" nos mesmos, así como nos ecosistemas e praias da contorna.
Á súa vez, Gómez-Reino preguntou ao Executivo estatal polas accións levadas a cabo para eliminar as verteduras contaminantes xerados neste episodio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.