Gartia, así será a nova fundación da Xunta para atraer investigadores internacionais

Educación quere atraer tamén socios privados. Inxectará 35 millóns ata 2030 para atraer 30 investigadores mundiais "de recoñecido prestixo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2025 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia creará unha fundación pública para atraer investigadores internacionais "de recoñecido prestixio" para que desenvolvan os seus proxectos na comunidade e que contará cun orzamento de 35 millóns de euros. Así o explicaron o presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, na comparecencia de prensa posterior á celebración do Consello da Xunta celebrado este luns.

O obxectivo da Fundación Gartia, que estará aberta tamén á colaboración privada, é atraer a 30 investigadores ata 2030. Esperan que os primeiros cheguen en 2026, tras dedicar este ano a labores burocráticos de posta en funcionamento. Buscarán así potenciar o I+D+i galega e a especialización na investigación, no marco do plan de innovación na investigación presentado xa semanas atrás.

A fundación dependerá directamente da Consellería, que espera un retorno de ao redor de 117 millóns de euros, cun efecto multiplicador de 3,3 por cada euro investido. Matizou Román Rodríguez que non se trata dun "edificio como tal", senón de pór en marcha "os mecanismos suficientes para captar aos investigadores e posteriormente pór á súa disposición as estruturas xa existentes", tales como os centros da Rede Cigus, os centros tecnolóxicos, as fundacións sanitarias e outros como o Cesga.

Os investigadores, que serán captados mediante unha convocatoria aberta de ámbito internacional, recibirán contratos de alto nivel, axudas para a súa liña de investigación, acompañamento en temas loxísticos como o acceso a vivenda, familia e trámites administrativos, e tamén incentivos de promoción. "Trátase de pór as máximas facilidades para estimular que elixan Galicia", remarcou o conselleiro de Ciencia.

Reunión do Consello da Xunta en Santiago
Reunión do Consello da Xunta en Santiago | Fonte: DAVID CABEZON @ XUNTA

I+D+I

A Xunta busca así potenciar o I+D+i galega e a especialización na investigación, no marco do plan de innovación na investigación presentado xa semanas atrás. Esta medida, remarcou Rueda, enmárcase na aposta da Xunta por "manter Galicia nos postos punteiros de I+D+i", o que a levou a ser a comunidade con maior incremento na partida para investigación no ano 2023 ou á recente aprobación do Plan de investigación e innovación de Galicia, dotado con máis de 1.300 millóns de euros.

A fundación dependerá directamente da Consellería, que espera un retorno de ao redor de 117 millóns de euros, cun efecto multiplicador de 3,3 por cada euro investido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta