Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/03/2023 | Actualizada ás 12:00
Un informe realizado por Beauté Mediterranea amosa a agresividade verbal que se produce en España nas redes sociais. No estudo, que afectou ás principais plataformas, a intelixencia artificial detectou máis de 15.000 comentarios tóxicos en apenas un mes. Nese sentido, constata estudos previos que indican que case o 50% das mulleres recibiron insultos en redes.
Precisamente, un estudo recente do Instituto da Muller, confirmou que practicamente o 45% das mulleres recibiron algún insulto ou burla nas redes sociais. Destes, o 60% eran persoas descoñecidas. Ademais, o 40% opina bastante sobre os contidos doutras persoas. O anonimato e a tendencia social son dúas das principais razóns deste tipo de actitudes tóxicas.
A monitorización de redes como Twitter, Facebook ou Instagram recolleu unha mostra de comentarios e palabras tóxicas. Neles atópanse desde insultos ata críticas polo físico dos usuarios das plataformas, unha tendencia cada vez máis habitual.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.