A Xunta destaca no Comité Europeo das Rexións a súa aposta por "captar talento" nas áreas de declive demográfico

O Comité Europeo das Rexións destaca exemplos de políticas locais para reter ou atraer poboación

Por E.P. | Galicia | 17/03/2023 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (UE), Jesús Gamallo, participou esta semana na segunda sesión plenaria este ano do Comité Europeo das Rexións(CdR), no que sinalou "a súa aposta de Galicia por captar talento nas áreas de declive demográfico".

Segundo trasladou a Xunta nun comunicado, a resolución do CdR responde o 'Mecanismo para o impulso do talento', anunciado en xaneiro pola Comisión Europea (CE), que suxire varias medidas para axudar as rexións máis afectadas polo declive demográfico e a fuga de talento dos seus territorios.

Deste xeito, o CdR destaca exemplos de políticas locais para reter ou atraer poboación, como os programas de coaching ou as campañas de información para promover a vida fóra das cidades densamente poboadas.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta, Jesús Gamallo
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta, Jesús Gamallo | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta