Por Europa Press / Redacción | Galicia | 20/03/2023 | Actualizada ás 15:39
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou que a súa intención é defender ante a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, os intereses de Galicia en ámbitos como o da pesca, a conexión ferroviaria con Europa e a xestión dos Fondos Next Generation.
Rueda destacou que Galicia será "a primeira comunidade en ser recibida nunha reunión específica", un paso que agradeceu e que identificou como "un recoñecemento" á xestión que, en materia de fondos e políticas europeas, realiza a comunidade.
A continuación, ratificou que aproveitará o encontro para abordar algúns asuntos "fundamentais". Por exemplo, prevé trasladar os proxectos que hai sobre a mesa en Galicia no marco das axudas dos fondos Next Generation, a fin de tentar beneficiarse "en toda a súa plenitude" da "oportunidade" que ofrecen.
Tamén esgrimiu que prevé poñer sobre a mesa algunhas decisións que a UE adoptou en relación ao sector pesqueiro e que son "claramente prexudiciais" para Galicia. "Temos argumentos dabondo para dicir que estas decisións se poden modular e mesmo corrixir para compatibilizar o medio ambiente coa pervivencia dun sector pesqueiro que aquí é fundamental", esgrimiu.
PLANIFICACIÓN DE INFRAESTRUTURAS
O papel do noroeste de España na planificación de infraestruturas europeas é outra cuestión que o mandatario galego ten en carteira tras manter distintas reunións institucionais nas últimas semanas e meses encamiñadas, entre outras cuestións, a reivindicar o impulso do corredor atlántico do noroeste.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.