"O principio do fin" da sanidade pública galega

A Asociación Batas Brancas denuncia que durante os últimos doce anos o Goberno galego foi tomando decisións que conduciron “á situación actual de profunda e grave crise na que está inmersa a sanidade

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2023 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

A Asociación Batas Brancas denuncia que durante os últimos doce anos o Goberno galego foi tomando decisións que conduciron “á situación actual de profunda e grave crise na que está inmersa a sanidade pública galega” e que supoñen “o principio do fin do sistema sanitario”

Instrumental médico. Foto de recurso. GOBERNO DE CANTABRIA
Instrumental médico. Foto de recurso. GOBERNO DE CANTABRIA

Entre as que destacan están: a concentración do territorio en sete grandes áreas sanitarias; a creación dun único directivo con capacidade “absoluta” de mando en toda a área, o que provoca a “politización” dos equipos directivos; a aposta pola privatización e a “política de actitude agresiva, de censura e veto e un mandar sen escoitar cara todos os traballadores da sanidade pública”.

Denuncian que “non os trataron ben”, con “contratos lixo” e “unha cultura laboral practicamente nula cunha falta de seguridade psicolóxica” que tivo como consecuencia que moitos profesionais decidiran marchar a outros lugar, un aumento do absentismo e o Síndrome de Borunout nos que seguen traballando.

Polo tanto, indican que ca situación actual “non só chega” con mellorar as condicións laborais e económicas e que os “parches” que se están implantando agora “non son suficientes”. “Fai falta moito máis”, reivindican.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta