Bateeiros colapsan as inmediacións da Xunta: "A campaña está perdida"

"Queremos traballar" e "coselleira dimisión" foron algúns dos berros dun sector que pide recuperar a xestión da cría do mexillón

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/03/2023 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

Máis dun centenar de 'bateeiros' concentráronse na mañá deste xoves rodeando as oficinas da Xunta en San Caetano (Santiago), coincidindo coa reunión semanal do Goberno galego, para protestar contra as delimitacións das zonas para recoller mexilla impostas pola Consellería do Mar.

Coches e furgonetas, algúns deles con barcos e lanchas nos remolques, colapsaron de novo, como xa o fixeron a principios deste mes, as estradas da capital galega. O tráfico cortouse na subida de San Roque á Xunta e varios autobuses quedaron parados ao non poder circular.

Entre berros de 'queremos traballar' e 'conselleira dimisión' , acompañados polo ruído de bengalas de fume e pitos, unha importante representación do sector dos 'bateeiros' situouse na porta principal do complexo de San Caetano para pedir que se garanta o acceso á mexilla.

Os traballadores deste sector revindican poder recuperar a xestión da cría do mexillón e piden que se reverta o artigo 13 do decreto 153/2019, que puxo delimitacións nalgunhas zonas. Para compensar esta medida, a comezos de febreiro a Xunta decidiu abrir ao redor de 120 quilómetros de porto para a recolección do produto.

Bateeiros protestan en San Caetano contra a demilitación da recollida da mexilla
Bateeiros protestan en San Caetano contra a demilitación da recollida da mexilla | Fonte: Europa Press

"A CAMPAÑA ESTÁ TOTALMENTE PERDIDA"

Un dos 'bateeiros' afectados, Nicolas Oubiña, procedente da Illa de Arousa, explicou a Europa Press que solicitan que se tomen medidas "canto antes", xa que a campaña do ano pasado "xa estivo prexudicada" e a deste 2023 "está totalmente perdida".

Nesta liña, indicou que necesitan "que abran as zonas e poder aclarar esta situación pronto" porque "se non ocorre, na campaña do ano que vén vaise a perder entre un 40% e 50% da produción".

Deste xeito, Oubiña manifestou que "van dando zonas obsoletas para a extracción onde non hai cría nin acceso posible". Así, puntualizou que seguirán protestando porque "os mellores sitios da costa e onde mellor mexilla hai son os que están pechados para poder extraela".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta