Bugallo recoñece que "hai que estudar novas medidas" ante a caída da natalidade en Santiago

Por noveno ano consecutivo, a capital galega suma máis defuncións que nacementos

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/03/2023 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recoñeceu que "hai que estudar novas medidas" ante a caída da natalidade na capital galega, que por noveno ano consecutivo suma máis defuncións que nacementos.

Con todo, reivindicou que o consistorio municipal "traballa en medidas" para "ofrecer un futuro" aos seus cidadáns. En concreto, puxo en valor as escolas infantís e destacou que Santiago "é unha cidade que supera amplamente o baremo indicado pola Unión Europea".
"Pide que se asegure un 30% das prazas públicas ou semipúblicas con relación á poboación de 0 a 3 anos. Nós estamos nun 60%", sinalou.

O alcade de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo
O alcade de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo | Fonte: Arquivo

En todo caso, asegurou que terán que "estudar novas medidas", mentres subliñou que "o apoio á natalidade e o apoio ás familias" é algo no que se teñen que "esforzar". Así mesmo, relatou que a natalidade é "unha materia pendente de Galicia, de España, de Santiago e de Europa". "É unha reflexión que debemos facer", recoñeceu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta